A irmá do conde Drácula está moi preocupada porque o seu fillo non écruel e sanguinario: é boísimo. Drácula dille que o mande á súa casa,que xa se encarga el se encargará de convertelo nun verdadeiro vampiro aterrador. Mentres, Draculiño vai como cada noite visitar o seu amigo Lobiño, que lle garda algúns doces que prepara na súa pastelaría para que o vampiro poida cear, xa que non quere nin probar o sangue. Osdous lévanse moi ben e forman unha cuadrilla de amigos xunto a outrospersonaxes da Fraga, como Garavanciño ou Riciños.
Draculiño é moi feliz, ata que lle cae un cairo e leva un terrible desgusto.