Shipping costs will be calculated based on this address throughout the site.
Select your country
Americas
Argentina
Brazil
Canada
Chile
Colombia
Costa Rica
Dominican Republic
Ecuador
El Salvador
Mexico
Peru
U.S.A.
Uruguay
Europe
Austria
Belgium
Croatia
Czech Republic
Denmark
Finland
France
Germany
Greece
Hungary
Ireland
Italy
Latvia
Malta
Netherlands
Norway
Poland
Portugal
Serbia
Slovakia
Slovenia
Spain
Sweden
Switzerland
United Kingdom
Rest of the world




Cantares de amigos
Pilar Lorenzo Gradín (Author) · Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC · Physical Book
Catedrática de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago de Compostela, a figura de Mercedes Brea constitúe un referente internacional na súa especialidade. Sobrancea, ademais, no mundo académico por distinguidos méritos tanto de xestión como de investigación. Entre outros cargos desenvolvidos, cómpre subliñar que foi vicerreitora de Profesorado, decana da Facultade de Filoloxía e directora do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico. Coordinou a Rede de Estudos Medievais Interdisciplinares, que convocou en suxestivos proxectos comúns a medievalistas galegos especializados en distintas áreas (filoloxía, historia medieval e historia da arte). É cabeza e corazón do GI-1350, grupo de investigación competitivo e dinámico no que promove todo tipo de iniciativas consagradas á filoloxía e literatura románica medieval.A través dunha estreita colaboración co Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades estimulada por Mercedes Brea, Galicia e a universidade compostelá téñense situado na vangarda nos estudos de lírica galega medieval, primeiro coa publicación dos dous volumes da Lírica Profana Galego-Portuguesa e, seguidamente, coa creación da Base de datos MedB, que puxo ao dispor de toda a comunidade científica o corpus completo informatizado das cantigas profanas, proxecto no que Brea continúa a traballar de xeito infatigable e sempre con espírito innovador. O seu maxisterio callou na dirección de numerosas teses de doutoramento e, como docente vocacional preocupada pola transmisión do saber, a súa entrega e dedicación é unanimemente recoñecida por infinidade de promocións. Brillante e meticulosa, emprendedora e decidida, calculadamente ousada, paciente e xenerosa, Mercedes Brea recibe no presente volume os traballos dunha parte dos seus colegas e discípulos como testemuño de afecto, recoñecemento e gratitude á mestra e á amiga.
Do you have a question about the book? Login to be able to add your own question.
