guía de viños, augardentes e bodegas de galicia 2006-2007 (in Spanish)
sumilleres gallaecia
Synopsis "guía de viños, augardentes e bodegas de galicia 2006-2007 (in Spanish)"
esta guía de viños, augardentes e bodegas de galicia 2006-2007, preparada pola asociación de sumilleres gallaecia, recolle a máis exhaustiva e rigorosa información publicada ata agora sobre o panorama vitivinícola de galicia. concibida como un libro de consulta, dirixido tanto aos profesionais do sector e da hostelería, como ao público afeccionado, proporciona os datos de máis de setecentas marcas comerciais de viños e augardentes, catrocentas bodegas e máis de catrocentas rigorosas notas de cata (elaboradas por cerca de corenta catadores), alén de salientar os viños distinguidos pola asociación de sumilleres gallaecia. completan o volume diversos ensaios divulgativos sobre as características dos viños e augardentes galegos escritos por primeiras firmas (maría isabel mijares y garcía-pelayo, josé serrano cuadrillo, cristino álvarez, josé luís hernández mañas, custodio l. zamarra, mariano garcía, carlos falcó, ramón núñez centella, ignacio orriols fernández e luis moya ), así como un vocabulario especializado sobre os termos relacionados coa cata e co viño, ademais de incluír informes actualizados sobre as características da produción recente de cada unha das denominacións de orixe calificadas (monterrei, rías baixas, ribeira sacra, ribeiro e valdeorras), dos recoñecidos como “viños da terra” (terra de betanzos e terras do val do miño-ourense), así como a do consello regulador das denominacións xeográficas dos augardentes e licores tradicionais de galicia. a primeira guía valorativa ...