你好! Shipping to Taiwan with premium packaging for just NT$300 

Ship to
Taiwan
0
  • argentina
  • chile
  • colombia
  • españa
  • méxico
  • perú
  • estados unidos
  • internacional

Select your country

Americas

Europe

Rest of the world

portada Niklas Luhmann (in GLG)
Type
Physical Book
Publisher
Year
2008
Language
GLG
Pages
140
Format
OTRO FORMATO LIBRO
ISBN13
9788496893726
Edited in
España

Niklas Luhmann (in GLG)

Torres Cubeiro, Manuel (Author) · BAIA · OTRO FORMATO LIBRO

Niklas Luhmann (in GLG) - Torres Cubeiro, Manuel

New Book Imported to Taiwan
Delivery: 28 Oct - 10 Nov Shipping: 10 to 14 business days.
NT$ 544
NT$ 544

Synopsis "Niklas Luhmann (in GLG)"

Niklas Luhmann foi, ante todo, sociólogo. As súas obras son unha socioloxía da sociedade complexa actual. Pero para Luhmann esta sociedade non está formada por seres humanos, senón por sistemas. Os homes, non somos a sociedade. Esta idea choca coa intuición que temos da sociedade fóra da socioloxía, pois: non vivimos, nos repetimos até a saciedade, en tempos de homes civilizados e con dereitos Non vivimos acaso nunha sociedade democrática de homes civilizados, iguais en dereitos Luhmann non foi un tolo da ciencia ficción para o que viviriamos nun mundo de ciborgs. Luhmann foi un sociólogo alemán obsesionado en describir a complexidade social na que vivimos. Para el, as explicacións tradicionais (veteroeuropeas) ancoraban nunha filosofía obsoleta, con visións da realidade (ontoloxías) non suficientemente complexas. Luhmann constrúe a súa teoría porque a tradición, dinos, non describe a sociedade. A formulación tradicional é errónea: é necesario abandonar a ontoloxía da tradición e a súa metafísica. Non hai homes, hai sistemas. A complexidade social contemporánea non se analiza con descricións herdadas das sociedades anteriores. Só desde unha teoría de sistemas complexos é posible facer ciencia da sociedade. Nesta introdución á socioloxía de Luhmann imos explicar o sentido destas afirmacións e a súa coherencia para describir a sociedade na que vivimos. Como a sociedade actual, a teoría de Luhmann é dunha exterma complexidade;a obra de Luhmann é complexa en si mesma. Pero complexidade significa que non existe, nin pode existir unha perspectiva privilexiada para describir a sociedade actual, e isto ten que asumirse na súa radicalidade. Este é un libro de introdución á socioloxía de Luhmann, un autor que mira á sociedade moderna de fronte, ofrecendo unha visión complexa do mundo social contemporáneo. Con esta introdución queremos achegar a súa teoría á sociedade galega, pois Galicia é, sen dúbida, unha sociedade complexa. Se o lector está atento verá que a socioloxía que Luhmann constrúe non só describe a complexidade da sociedade na que actualmente vivimos en Galicia, senón deixar de lado descricións herdadas de sistemas sociais anteriores que coexisten no presente. Esta introdución a Luhmann en galego ten esta intención clara: axudar a comprender a complexidade da Galicia actual á luz da teoría do sistema sociedade de Niklas Luhmann. Ofrece unha plataforma inmellorábel para observar Galicia. Internándonos no pensamento complexo de Luhmann permitiranos mirar a nosa vida moderna cuns novos ollos. Facelo é extremadamente difícil e require un esforzo teórico comparable ao de entender a filosofía dialéctica de Hegel ou ao de comprender a física relativista de Einstein. Este esforzo será compensado con creces pola riqueza da posición teórica adoptada e coa fina ironía que se esconde en cada unha das frases da obra deste pensador.

Customers reviews

Frequently Asked Questions about the Book

All books in our catalog are Original.
The book is written in GLG.
The binding of this edition is OTRO FORMATO LIBRO.

Questions and Answers about the Book

Do you have a question about the book? Login to be able to add your own question.

Opinions about Bookdelivery

More customer reviews